miércoles, 27 de enero de 2016

1ª SESIÓN: 27/01/2016

Dende fai xa varios anos participamos no Proxecto "As nosas amigas as plantas", feito para os colexios de Tomiño por ACUBAM e o Concello. Un proxecto interesantísimo no que participan os nenos e nenas de 2º Curso.
Hoxe, na nosa primeira sesión, coñecemos a Patricia, unha bióloga que estudou no noso colexio e que nos contou moitas cousas sobre os viveiros e as plantas.
Tamén trouxemos unhas botas vellas da casa, e re-utilizámolas para plantar Cistus, un pequeno arbusto que tamén se chama xara. Quedaron chulísimos!
FOTOS






No hay comentarios:

Publicar un comentario