jueves, 20 de febrero de 2014

20 DE FEBREIRO DE 2014

Hoxe adicámoslle a mañán as plantas aromáticas. Salvia, melisa, menta poleo, santolina, ourego e romeu. Cheirámolas e aprendemos moitas cousas de cada unha.





jueves, 6 de febrero de 2014

6 DE FEBREIRO DE 2014

Hoxe adicámoslle o día as camelias. Noemí ensinounos moitísimas cousas delas: danse moi ben no Baixo Miño pero viñeron de moi lonxe, de Asia. Aprendemos os seus nomes, as súas clases, formas, cores,etc Pero por culpa da alerta laranxa non puidemos plantalas fóra no patio, témolas agardando xunto coas que plantamos a semana pasada, en canto saia o sol, plantarémolas.

30 DE XANEIRO DE 2014

Hoxe estivemos plantando verbenas e petunias para a mostra de cultivos. De paso aprendemos como se chamaban algunhas das partes dunha planta: follas, flor, talo, cepellón,... Agora teremos que coidalas moi ben, xa sabemos que necesitan sol e auga, e no mes de abril levarémolas a Mostra de cultivos do Baixo Miño.

16 XANEIRO 2014

Este xoves, 16 de xaneiro, comezamos a actividade "As nosas amigas as plantas". Ao longo de sete sesións aprenderemos cousas relacionadas co mundo das plantas. Esta actividade está organizada e patrocinada polo Concello de Tomiño e a asociación de empresarios ACUBAM como preámbulo a 11ª Mostra de Cultivos que se celebrará o 26 e 27 de abril. Hoxe Noemí contounos un conto, cousas das plantas, ordenamos viñetas e fixemos sopas de letras.