miércoles, 24 de febrero de 2016

4ª SESIÓN: 24/02/2016

E xa chegamos a última sesión deste ano. Hoxe Patricia falounos da reciclaxe e da compostaxe. Estivemos repasando en que contedor temos que botar cada tipo de lixo, e tamén, aprendemos como se fai compost nas composteiras. Quedounos moita pena de que xa rematara. Agora a vixiar que as nosas xaras medren ben para a exposición.





miércoles, 3 de febrero de 2016

3ª SESIÓN: 03-02-2016

Hoxe tivemos unha sesión chamada "Puzzles con vexetais". Patricia tróuxonos moitos puzzles de vexetais comestibles. Aprendemos xogando moitas cousas,  as partes dunha planta, e tamén, que comemos diferentes partes de cada unha.
Máis fotos AQUÍ






lunes, 1 de febrero de 2016

2ª SESIÓN: 01-02-2016

Hoxe Patricia falounos das legumes, ese fantástico alimento que nos dan as nosas amigas as plantas. Para facelas presentes na Mostra de Cultivos, estivemos preparando unhas pequenas obras de arte mezclando simbolos celtas e legumes, que vos parece? A nós pareceunos que nos quedaron chulísimas.