E xa chegamos a última sesión deste ano. Hoxe Patricia falounos da reciclaxe e da compostaxe. Estivemos repasando en que contedor temos que botar cada tipo de lixo, e tamén, aprendemos como se fai compost nas composteiras. Quedounos moita pena de que xa rematara. Agora a vixiar que as nosas xaras medren ben para a exposición.
AS NOSAS AMIGAS AS PLANTAS
miércoles, 24 de febrero de 2016
miércoles, 3 de febrero de 2016
3ª SESIÓN: 03-02-2016
Hoxe tivemos unha sesión chamada "Puzzles con vexetais". Patricia tróuxonos moitos puzzles de vexetais comestibles. Aprendemos xogando moitas cousas, as partes dunha planta, e tamén, que comemos diferentes partes de cada unha.
Máis fotos AQUÍ
Máis fotos AQUÍ
lunes, 1 de febrero de 2016
2ª SESIÓN: 01-02-2016
Hoxe Patricia falounos das legumes, ese fantástico alimento que nos dan as nosas amigas as plantas. Para facelas presentes na Mostra de Cultivos, estivemos preparando unhas pequenas obras de arte mezclando simbolos celtas e legumes, que vos parece? A nós pareceunos que nos quedaron chulísimas.
miércoles, 27 de enero de 2016
1ª SESIÓN: 27/01/2016
Dende fai xa varios anos participamos no Proxecto "As nosas amigas as plantas", feito para os colexios de Tomiño por ACUBAM e o Concello. Un proxecto interesantísimo no que participan os nenos e nenas de 2º Curso.
Hoxe, na nosa primeira sesión, coñecemos a Patricia, unha bióloga que estudou no noso colexio e que nos contou moitas cousas sobre os viveiros e as plantas.
Tamén trouxemos unhas botas vellas da casa, e re-utilizámolas para plantar Cistus, un pequeno arbusto que tamén se chama xara. Quedaron chulísimos!
FOTOS

jueves, 23 de abril de 2015
22 de abril
Hoxe Noemí fíxonos un taller de cociña, todo a base de froitas; usamos mazá, plátano, uva e kiwi. Todos fixemos e comemos brochetas e zume de laranxa.
Esta é a nosa última sesión de As Nosas Amigas as Plantas deste ano. Esperamos volver a participar o ano que ven.
Esta é a nosa última sesión de As Nosas Amigas as Plantas deste ano. Esperamos volver a participar o ano que ven.
lunes, 23 de marzo de 2015
23 de marzo de 2015
Hoxe as nenas e nenos de 1º adicamos a mañán a preparar os nosos murais para a Mostra de Cultivos. Como podedes ver somos uns artistas.
miércoles, 18 de marzo de 2015
18 de marzo de 2015
Hoxe tivemos a nosa terceira sesión con Noemí. Falounos do kiwi, esa planta que chegou dende Nova Zelanda ata Tomiño. Coma sempre aprendemos moito.
Tamén lle fixemos unha visita aos nosos tulipáns.
Tamén lle fixemos unha visita aos nosos tulipáns.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)