lunes, 9 de marzo de 2015

miércoles, 4 de marzo de 2015

4 DE MARZO DE 2015

Hoxe tivemos a nosa segunda sesión con Noemí. Estivemos falando das viñas. Aprendemos a distinguir a cepa e a vide, que en Tomiño chamamos cepeira e videira, das distintas clases de viño. Aprendemos o que é un viñedo e moitas cousas máis...








Tamén estivemos vendo os nosos tulipáns.











jueves, 19 de febrero de 2015

19 DE FEBREIRO DE 2015

Hoxe estivemos revisando os nosos tulipáns e facendo mantemento. Xa teñen as follas e as raíces moi grandes. Tivemos que botarlle auga a todos.




miércoles, 28 de enero de 2015

28 DE XANEIRO DE 2015

Hoxe os nenos e nenas de 1º tivemos a nosa primeira sesión do proxecto "As nosas amigas as plantas II". Saudamos con moitas ganas a Noemí, pois xa a coñecíamos do ano pasado do CRA.
Hoxe estivemos plantando bulbos de tulipán, e fixémolo reciclando botellas de plástico. Primeiro pelamos os bulbos, despois plantámolos na parte de arriba da botella e na de abaixo deixámoslle auga para que beban a que queiran.






jueves, 3 de abril de 2014

3 DE ABRIL: PREPARANDO O MURAL

Hoxe non veo Noemí pero nós seguimos traballando coas nosas amigas as plantas. Estivemos facendo o mural para levar a Mostra de Cultivos. Tamén gravamos un programa de radio sobre esta actividade.



jueves, 27 de marzo de 2014

27 de marzo de 2014

Hoxe, por fin, puidemos plantar as camelias. Plantámolas os nenos e nenas soíños, porque agora xa somos expertos no manexo do sacho. 2º A volveu plantar as verbenas, a ver se desta vez non nos morren.Tamén empezamos a facer o mural para a Mostra dos Cultivos.